OleirosTV...

Con esta presentación, o BNG de Oleiros pretende contribuír a un debate político nestes tempos de crise, aportando a visión de Camilo Nogueira, unha voz que segue a ser imprescindíbel. O acto será presentado e moderado por Xosé Ramón Freixeiro Mato, Director do Servizo de Normalización Lingüística da UDC. Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou: O poder industrial en Galicia (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006) e Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012), entre outros. Recentemente a editora Laiovento sacou do prelo a obra “A rota do sol” (2013).

Participa en la conversación