OleirosTV...

O BNG de Oleiros presentou polo rexistro do Concello unha moción para que o Pleno mostre a súa adhesión á querela presentada no Xulgado Nº1 de Bos Aires contra os responsables da sistemática represión e conculcación dos mais elementais dereitos civiles durante o réxime de Franco en España. O BNG chama a atención, na súa nota, que é a primeira vez que vense a romper o «muro de impunidade»; e supón unha grande oportunidade para que as vítimas do sistema pasado vexan os seus dereitos recoñecidos, poidan declarar o que realmente aconteceu e os danos poidan seren reparados. A xuiza María Servini entende que os delitos de «xenocidio» e «lesa humanidade» non prescreben nin poden ser amnistiados por leis «de punto final»; polo tanto, aqueles vivos que poidan ter participado neles deberán ser xulgados e, no seu caso, condeados. Desta maneira, o BNG de Oleiros fai súa a a iniciativa da Rede Cidadá de Apoio á Querela Arxentina contra os Crimes do Franquismo e pide a todos os grupos que consensúen no Pleno unha moción de apoio a esta causa. No texto presentado polo BNG para o debate, fálase dos dereitos á verdade, á xustiza efectiva, á reparación e a o establecemento dun marco normativo que garante a non repetición do sucedido. Pide que se estableza o marco regulamentario necesario para que os sucesivos Gobernos Municipais de Oleiros garantan que os veciños e veciñas, tanto quen foron persoalmente represaliados ou os seus herdeiros, teñan no Concello un aliado ó que acudir en busca de axuda para poder persoarse na causa aberta; e os veciños en xeral, un altofalante co que expresaren a súa total repulsa ó sucedido e a súa exixencia de que non se poida repetir.

Participa en la conversación