OleirosTV...

A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers ou May Thai & The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Poderemos escoitar na súa fabulosa voz temas de Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington, Billie Holliday e a gran deusa Ella Fitzgerald. Ademais das súas cancións coñeceremos tamén anécdotas das súas vidas e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX. Prezo: 2,5 euros. Ver evento en facebook…

Participa en la conversación