OleirosTV...

A sauda do Alcalde que abre a publicación:
Cando decidimos levar adiante o proxecto dos Talleres de Memoria pensamos que era unha boa iniciativa para recuperar fotos e testemuñas do pasado. Pouco a pouco vimos como, ademáis, recuperabamos parte da nosa historia contada polos seus protagonistas: historia e feitos que ocorreron no noso Concello, lugares hoxe transformados, tradicións xa desaparecidas, anécdotas… en definitiva, a maior riqueza que poder ter un pobo: o seu patrimonio cultural. Tras as numerosas charlas e conversas que xurdiron deste inmenso traballo, detrás de todas esas historias e relatos, saíron a relucir aspectos aínda máis importantes: os valores que caracterizaban ás xeracións anteriores. O esforzo, o sacrificio, o compañeirismo… valores caídos en desuso na sociedade actual e que convén recuperar. A historia axúdanos a coñecer as nosas orixes, o que nos permite seguir o noso camiño na vida con seguridades e confianza, con orgullo e decisión. As conversas que poidan xurdir en cada casa entre as novas xeracións e as persoas maiores, como consecuencia da lectura desta publicación, é o seu maior valor. Agardamos que o mellor da publicación que tes nas tuas mans estea aínda por chegar.
Ángel García Seoane
Alcalde de Oleiros
Enlace á publicación…

Participa en la conversación