OleirosTV...

Hace pocas semanas, la Comisión de Festas de San Pedro de Nós, responsable los últimos años de las Festas de San Pedro y del Rock’n’Nós se disolvía. Saltaba la liebre cuando La Opinión se hacía eco de las voces de la oposición en Betanzos que alertaban de las exigencias de la Xunta para las Festas Patronais. En una entrevista, Ignacio Taboada ya había anunciado la disolución de la Comisión de Festas. Tras haber recuperado unas fiestas olvidadas durante años, la tropa del Atlético San Pedro lograron enderezar el barco durante tres convocatorias seguidas. Las deudas de la última edición y la falta de apoyo (económico) de la gente fueron los motivos para que nadie se presentase a la Comisión de Festas en la reunión que celebró a principios de mes para renovar su Junta Directiva. El recambio nunca está garantizado. Si el año pasado (in-extremis) la cosa salió bien (muy bien) en Santa Cruz; este año, los de Nós perdieron ya toda esperanza hace tiempo. Aunque había posibilidades de que alguien llegara a última hora, no sonó la flauta. No habrá Festa de San Pedro en San Pedro de Nós… le pese a quien le pese y caiga quien caiga. No se trata de buscar responsables; se trata de buscar solucionoes. Aunque sea para salvar ese Rock’n’Nos, única convocatoria de ese tipo en todo el año en Oleiros, que con San Pedro tenía que ver más bien poco… Mucho más con San Miguel y, sobre todo, con las estrellas.

1 Comentario

  1. Fran Rei García

    Unha triste noticia. Comentándoo o outro día cun veciño da zona, bo amigo, dicíame que, ao seu ver, parte do problema é que Nós deixou de ser (ou está en tránsito acelerado de deixar de ser) esa parroquia rural na que todxs se coñecen/coñecían para se ir convertendo aos poucos nunha simple zona residencial, nunha sucesión de fincas e urbanizacións habitadas por xente que fai a súa vida noutros lugares, que non traballa alí, que non fai vida alí, que non ten as súas relacións comunitarias alí; que só é veciña de Nós na medida en que dorme en Nós e como veciña de Nós figura en papelorios e documentos. A festa é, como calquera actividade colectiva, unha consecuencia, unha prolongación máis dunhas relacións humanas comunitarias, que se van formando no día a día. A festa é ese espazo a través do que a veciñanza queremos festexar iso mesmo. Se a xente dun lugar non se sente xa dese lugar, senón hai sentimento de pertenza ou de identificación, mal vamos. Este amigo dicíame de xente que non daba xa diñeiro para a festa exactamente por ese motivo: porque é xente á que no fondo LLE RESBALA que se faga festa ou se deixe de facer, que haxa equipo de fútbol ou o deixe de haber, que só se vai preocupar do colexio ou da asociación veciñal ou da Casa do Pobo, ou do cemiterio ou do estado dos camiños na medida en que iso lles afecte en algo no plano individual. Noutras parroquias de Oleiros, con existir tamén ese fenómeno social e urbanístico, talvez se manteñan aínda un pouco máis os núcleos de sempre, segue a haber xente «da de sempre», existe un tecido social máis ou menos vivo que pasa (non sen moitas dificultades, por certo: vímolo en Santa Cruz) dunha xeración a outra xeración. Nós ten tamén outro problema engadido -dicíame o meu coñecido -que non sei se ten directamente a ver coa festa, pero que el en parte asociaba: parte grande da parroquia ten máis a ver, na vida do día a día, bastante máis con Cambre que con Oleiros; os servizos, o comercio, o lecer…fai que moita xente se sinta máis vinculada ao concello veciño. Esa organización administrativa dos concellos, que ás veces é un pouquiño artificial…

Participa en la conversación