OleirosTV...

Se miramos os orzamentos aprobados pola Corporación Municipal para 2014, destaca unha partida de 410.000€ para Promoción Empresarial. Saudamos entón esta medida que incluía, aparte do presuposto para a Promoción de Empresas, un enorme traballo realizado dende o Centro de Formación Isaac Díaz Pardo; a tan esperada reforma das dúas naves do Viveiro de Iñás que aínda non están en alquiler e que se ían a poñer a disposición dos emprendedores para o desenvolvemento dos primeiros pasos dos seus proxectos de empresa. O BNG de Oleiros denuncia agora, nun comunicado de prensa, que de aqueles 410.000€ máis de 300.000 para a adecuación desas dúas naves correspondían á unha subvención procedente do Fondo Europeo da que, a día de hoxe, aínda non se sabe nada (ou, máis ben, sábese que está case descartada); e que os 100.000 que quedan serán transferidos, no próximo Pleno, á Concellería de Obras e Servizos para o mantemento de edificios municipais: Bibliotecas, Casas do Pobo e instalacións deportivas; obras que no seu momento foron rechazadas pola Deputación da Coruña para seren incluidas no Plan DTC (unha «Deputación para Todos os Concellos»). Con isto, practicamente o 100% da partida destinada a que Oleiros compita con outros Concellos por ser sede empresarial queda a cero. Isto choca bastante coa realidade de que Oleiros, con máis de 2.500 empresas (datos do IGE), é o oitavo Concello de Galicia sede de máis empresas, xusto por detrás das sete cidades máis grandes. Isto quere dicir que Oleiros é «fogar» de moitos empresarios; porque se miramos o censo de centros de traballo caemos moitísimos postos; por detras de concellos como Arteixo, A Laracha, Carballo o Culleredo por citar algúns do noso arredor. Non hai facilidades en Oleiros para que eses «empresarios» desenvolvan os seus negocios no Concello. Esas facilidades hia que «crealas»… e unha vez «creadas» hai que mantelas… e iso ten unhas custas que o Concello ten que asumir.

1 Comentario

  1. Bng Oleiros

    Se cadra é conveniente aclarar, para que non haxa ningún malentendido ou non pareza o que non é: o BNG non está en contra, en absoluto, de que se fagan obras de mellora en bibliotecas, casas do pobo e outros edificios ou instalacións de titularidade municipal. Ao contrario. De seguro que son, ademais, obras de mantemento que resultan imprescindíbeis. O BNG vai estar sempre a favor de que todos os equipamentos municipais estean nas mellores condicións para o desfrute e o aproveitamento colectivo. A veciñanza de Oleiros sabe ben, ademais, que non temos reparo en advertirlle ao goberno municipal calquera deficiencia en calquera espazo ou instalación. Sempre con ánimo construtivo e de colaborar, porque ao final vai ser a xente quen se vai beneficiar desa mellora, e iso para nós é o máis importante. O que criticamos é a pouca claridade e fiabilidade coa que se elaboran os orzamentos municipais: se se sabía que ían ser necesarios amaños en varias instalacións, por que non se consignou unha partida para ese fin desde o primeiro momento? No que non concordamos en absoluto é que o diñeiro se deba transferir desde a partida económica prevista para apoio ao emprendemento empresarial; esa transferencia que o pleno vai aprobar o vindeiro xoves deixa a cero no orzamento a previsión, o que di moito da importancia que este goberno dá ás políticas de promoción económica. Non cansaremos de dicir que Oleiros precisa repensar o seu modelo de crecemento aproveitando este momento de crise do sector inmobiliario: hai que diversificar a actividade económica e seguir crecendo, mais as nosas industrias non poden seguir sendo, en exclusiva, o monocultivo do adosado e do negocio hosteleiro para o verán e o bo tempo. Hai que crear novas oportunidades. E para iso ter unha política municipal de promoción económica seria e decidida é o primeiro paso. Vainos a vida niso.

Participa en la conversación