OleirosTV...

O BNG de Oleiros fixo pública onte unha nota de prensa na que preguntaba ó Goberno Municipal polas medidas «extraordinarias» tomadas para garantir a accesibilidade ás praias do Concello na tempada de verán. Refírense ás medidas tomadas para que os coches que cheguen teñan onde estacionar (pagando ou sen pagar) e os peóns e veciños poidan chegar ós areais andando, en bicilceta ou polo medio que desexen. Facían fincapé nos areais de Bastiagueiro e Mera. O certo é que hai unhas semanas, un rapaz foi arrolado en Mera por un turismo cando ía en bicileta pola rua da praia. A xente cruza a Av. Che Guevara sen empregar as pasarelas peonís nin os pasos de cebra. E onte, unha densa masa de néboa deu ó traste cunha longa tarde de praia provocando un atasco circulatorio que chegou dende Santa Cristina ata Rialta. Salvo os preparativos para a imprantación da ORA nas zonas de praia do Concello, ninguén é capaz de traducir as reunións e os proxectos que sen dúbida se fixeron no seu momento na Corporación Municipal en feitos concretos. De modo que a o noso alcalde non lle queda máis remedio que voltar a radio local e a Cadena COPE a pedir, por favor, que os que queiran ir de Bastiagueiro ó parking público (de pago) e viceversa, o fagan empregando a pasarela e non collendo carreiriña; que calquera día imos ter unha desgraza que dea moita pena teclear. A Xunta de Galicia xa licitou o proxecto de ampliación da AC 173 dende Nirvana ata Mera. Pero as obras tardarán. Con iso nun horizonte a tan curto prazo, meter un euro alí e tiralo ó río Romardeiro ven sendo máis ou menos o mesmo. Nese proxecto si están previstas unha serie de medidas para o caso. Pera esas medidas non estarán rematadas ata o ano que ven. Así que toca o de sempre: peón… ten cabeza; condutor… tí máis.

1 Comentario

  1. Victor PD

    El bng de oleiros, como siempre protestando por todo pero sin intención de hacer nada. Papones joder.

Participa en la conversación