OleirosTV...

Recibimos a seguinte comunicación da formación BNG Oleiros
O BNG vota en contra e propón a negociación para o uso público do solar Oleiros, 26 de setembro de 2014.- O Pleno do Concello de Oleiros aprobou, no día de onte, o estudo de detalle sobre o hotel proxectado na parcela do antigo «Maxi», no Porto de Santa Cruz. O BNG xa amosou a súa postura en contra hai meses, antes do derrube do edificio, ao entendermos que a modificación do Plan Xeral de Urbanismo atentaba contra os intereses da veciñanza, e só beneficiaba ao constructor. Esta modificación, lembramos, permitía aumentar a altura da edificabilidade ata preto de 20 metros, causando un dano irreparable na fachada marítima do pobo de Santa Cruz. A posterior demolición do edificio sorprendeu á veciñanza e ao turismo que se achegaba: os lugares máis emblemáticos, como o Castelo, eran visibles dende practicamente todo o centro. Obviamente, non podemos esquecer que un dos motores económicos de Santa Cruz é, precisamente, o número de visitantes que acoden a pasear, facendo uso dos establecementos hosteleiros do pobo; e farían uso, así mesmo, do comercio local, no caso de que houbera políticas serias e reais que o promocionaran e o fixeran visible, circunstancia que non se dá actualmente. O estudo de detalle, tanto polo volume da construción, como pola súa ubicación, vulnera o art. 104 da LOUG (Lei de Ordenacion Urbanistica De Galicia) que di: «As construccións e instalacións deberán adaptarse ó ambiente no que estivesen situadas, e para tal efecto: a) As construccións en lugares inmediatos ou que formen parte dun grupo de edificios de carácter artístico, histórico, típico ou tradicional deberán harmonizar con el. Igualmente cando, sen existir un conxunto de edificios, houbese algún de grande importancia ou calidade dos caracteres indicados. b) Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións das estradas O BNG de Oleiros non está en contra da construción de hoteis no Concello, todo o contrario; porén, existen innumerables lugares onde estes poderían ter unha ubicación moito máis idónea e menos lesiva para a veciñanza. O solar do antigo «Maxi» debe converterse en terreo público, para o uso do pobo e para a promoción de Santa Cruz. Por iso instamos ao Concello en varias ocasións a que negocie co propietario a permuta do mesmo por terreos de titularidade municipal en lugares de interese, xa que o Concello dispón deles e non suporía un incremento do gasto para as arcas municipais. Se isto non se fai, non podemos deixar de preguntarnos: a quen beneficia este acordo? BNG de Oleiros
Lido isto… ahí queda a imaxe; para que a ninguen lle queden dúbidas do calibre das posibilidades que ofrecería levar a bo término esta proposta 😉

5 Comentario

  1. Isa Torrado

    Yo insto a todo santa cruz a movernos por una causa justa..evitar cualquier tipo de construcción en esa parcela. Necesitamos q alguien nis dirija y os seguiremos en las protestas y denuncias q hagan falta. Anq hay gente poco espabilada q no entiende el impacto negativo q causaría construir hormigón en esa parcela..por no hablar ya del tema legal. …es una pena, pero los q si pensamos y no nos movemos por dinero ni intereses sino por tener un pueblo como dios manda estamos a la espera de q se cumpla ley. Pido q hagamos QUÉ SE CUMPLA Y SE HAGA JUSTICIA. FUERA HOTEL NI CONSTRUCCIONES EN ESA PARCELA. Q se lleven el hotel a otra zona, santa cruz no necesita otro esperpento de edificio en sus costas!!!

  2. Bng Oleiros

    Graciñas, como sempre, pola difusión! E a todas e todos os que estades intervindo por expresar a vosa opinión. Iso é o que necesitamos ante proxectos urbanísticos destas características: máis debate social. O BNG está ao enteiro dispor da veciñanza de Santa Cruz e de todo Oleiros para seguir informando.

  3. Sergio París

    Yo mantengo mi opinión ya desde hace tiempo: una permuta de esa parcela con la ocupada por la nueva plaza Esther Pita. Supongo que ambas con valor muy parecido, por lo que no existe perjuicio para el promotor. Hotel donde está la plaza, mejor integrado en la trama urbana y con menos problemas de carácter administrativo con Costas y demás, pero manteniendo una ubicación estupenda desde el punto de vista del negocio. Y trasladar la plaza al lugar del Maxi, aprovechando la ganancia enorme que supone la ubicación al lado del paseo y las nuevas vistas ganadas para todo el pueblo de Oleiros. Para mi es una solución tan obvia que cae de cajón.

  4. LuLi Vm

    Pues resulta que la ley no lo permite…ni la de costas ni la de urbanismo. Ni aunque fuera una vivienda estaría permitido. Sepan ustedes que la ignorancia de la ley no exime de su cumplimiento.

  5. HuGo Lopez

    Ayer comentaba una chica que si seguían para delante con esto del hotel había que echarse a la calle y pararlos como fuera…no puedo estar más de acuerdo..entiendo que es un solar privado, pero hay que hacer lo posible para que no levanten un mamotreto de 20 metros ahí..

Participa en la conversación