OleirosTV...

O vindeiro sábado 13, ás 19:00 horas, presentarase nas Torres de Santa Cruz o resultado deste proxecto fotográfico:
ENTRE NÓS Este proxecto nace coa idea visibilizar unha comunidade veciña totalmente descoñecida para a maioría da poboación tal como é a Xitana a través dos mais pequenos, os que mais sufren as consecuencias dos problemas creados polos adultos. Un pobo que vive Entre Nós, e que a través da fotografía se pretende dar a coñecer a súa cultura, costumes, cotidianidade e as súas ideas. Achegar, concienciar e familiarizar a uns con outros son os obxectivos principais. Esta mostra naceu dun obradoiro que ofreceu a posibilidade de coñecer o idioma fotográfico para doce nenos e nenas que son parte do futuro deste pobo, co claro obxectivo de que sexan eles mesmos os que nos conten a realidade a través das súas miradas nesta exposición onde eles son os protagonistas, ademais de achegalos as cualidades da fotografía como ferramenta e posibilidade de futuro. Para elo, escollemos entre todos os participantes unha temática para retratar algo mais que interesante que aquí agora se expón, «O mundo dos paios». Un exercicio fotográfico que obliga a convivir e sobre todo a compremeterse con aquelo que lles rodea. Esta idea ofrece a posibilidade de observar cal é a visión dos máis pequenos a través das súas miradas, que lles chama a atención, sendo as imaxes as súas palabras e sentimentos compartidos con todos nós. Por qué?, porque sempre son eles os retratados, os protagonistas das imaxes nos xornais, televisións ou outros tipos de sopores expositivos que na inmensa maioría das ocasións nunca son mostrados de xeito imparcial, porque hai descoñecemento e sobre todo falta de convivencia, algo básico para falar de calquer sociedade. Estas imaxes realizadas por estes nenos e nenas están feitas dende unha mirada amable pola inocencia que lles pertence, de xeito natural e sen guión de ningún tipo, eles miraron e fotografiaron o que lles chamaba a atención, camiñamos, falamos e intercambiamos.. aprendimos todos, e aquí están os resultados desta convivencia entre iguais que ogallá sexa o inicio dun camiño cheo de amizades, e quen sabe, o mellor entre futuros fotógrafos.
Tamén coñeceremos a experiencia laboral das «Mulleres Colleiteiras«; un proxecto con 20 mulleres xitanas (moitas delas nais destes rapaces) que levan mais dun ano traballando na recollida de aceite usado para facilitar unha «segunda vida» do mesmo na vez da sua costosísima degradación. O seguinte paso das «Mulleres Colleiteiras» é converter ese proxecto nunha empresa; e para financiar esa empresa, o propio Gabriel Tizón elaborou as imaxes que ilustran un calendario á venda por 10€. Como peche do acto, haberá un concerto de flamenco ó cargo do trío de Sandra Calderón.

Participa en la conversación