OleirosTV...

Demandas da SGO ás diferentes Autoridades implicadas na xestión da Ría do Burgo
Á vista do anterior, a Sociedade Galega de Ornitoloxía demanda:
  • A declaración da ría do Burgo, por parte dos Concellos colindantes (A Coruña, Culleredo, Oleiros e Cambre), en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (Demarcación de Costas de Galicia), de “Espacio natural de Interés Local (ENIL), ao abeiro da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.
  • A inclusión dun capítulo específico de conservación e fomento das aves da ría, e en xeral do seu patrimonio natural, no marco de calquera plano de xestión da mesma, e coa mesma importancia que os capítulos destinados á producción marisqueira e o lecer cidadán.
  • Unha zonificación da ría do Burgo que delimite áreas de reserva para as aves, áreas de producción marisqueira e áreas de lecer, e un sistema de vixiancia e seguimento que vele polo respeto destas delimitacións.
  • A posta en marcha dun programa de educación e formación cidadán que faga chegar á sociedade do contorno da ría a súa importancia como refuxio de aves acuáticas.
  • Estas demandas foron así mesmo enviadas hai tres anos á Plataforma pola Defensa da ría do Burgo coa petición de que sexan incluidas entre as que actualmente está a defender no seu manifesto e coa manifestación levada a cabo esta fin de semana.