OleirosTV...


Co xa tradicional desfile dos pequenos da man das súas mestras e mestres polas ruas dos nosos pobos, comezou onte o Entroido deste 2011.

O paseo matutino serve como pasarela para os disfraces que viron facendo os rapaces cos seus mestres nas pasadas semanas; e teñen todos un entronque común. No caso do CEIP Isidro parga Pondal de Santa Cruz, na fotografía, todos os disfraces referían ó tema da «diversidade de culturas»… a partir de ahí, os mais novos fixeron unha colorida parodia do pasado Mundial de Fútbol (coa lóxica referencia a Holanda); mentres que os maiores fixéronse eco de culturas existentes ou estinguidas no mundo, abarcando dende os romanos (do Imperio… non de Berlusconi) até o Movemento Hippie pasando polos indios americanos (do norte e do sur).