OleirosTV...

Celebradas as duas Xornadas en Lorbé

O sábado 26 de marzo, 20 persoas na carpintería de Pepe de Lorbé recibiron unha charla sobre a construcción da embarcación tradicional da ría: a dorna; o seu casco e a súa arboladura, o por qué da forma extraña do seu trapo e a relación coas necesidades especiais de navegación costeira.

O seguinte sábado 2 de abril, tras a visita as redeiras, deuse unha charla sobre o manexo da embarcación. Os máis afabados puideron demostrar, ante as visitas do trincado «Ría de Ferrol» e as cámaras da TVG, a súa pericia a bordo.

O vindeiro sábado 9 de abril, unha Mesa Redonda onde tódolos participantes poderán plantexar as súas cuestións rematará o ciclo por este ano. Será na Casa Labarta de Mera.