OleirosTV...

A «Química» da II República

O Instituto de Educación Secundaria Neira Vilas de Perillo celebra esta semana a súa 3ª Edición da Semana Intercultural; na que, ademáis do intercambio con Centro Francés Nòtre Dâme de Ménimur de Vannes, conta coa exposición «Imaxe Gráfica da II República» dos fondos da fundación 10 de marzo.

Abarca toda esta semana do 8 ó 15 de Abril e contará coa presenza do escrito Manuel Rivas, quen dará unha charla o xoves día 14 no Salón de Actos na que tentará de dar respostas á presenza contínua dese período de tempo na súa obra; ou a de Mon Santiso, cara coñecida da TVG; da que falará o venres a partir das 10:30 da mañá.

Noraboa os organizadores e a seguires para o ano que ven.
Máis información…