OleirosTV...

Hemos recibido la denuncia de vecinos de San Pedro de Nós. Las obras contratadas por Fomento no han respetado los itinerarios peatonales en los márgenes de la N-VI; ni la señalización de la parada de autobús que hay junto a la gasolinera. De la marquesina ya no se sabe nada.

Foto de Sergio
La noche del pasado jueves llovía. El autobús dejó a Teresa Gómez en la cuneta; no hay avisos ni zona de parada. Tampoco hay arcén. La iluminación es deficiente y escasa. Tan sólo hay farolas por un lado. Teresa Gómez vive en esa misma calle y por algún sitio tiene que pasar. Echa a andar por la línea que delimita la calzada. De repente un topetazo y Teresa se va a la tajea. Un badén no señalizado construido para las obras. Brazo roto y collarín… y, encima, le dicen que todo quedó en un susto! El conductor se dio a la fuga. La otra posibilidad es que ni se enterase. La ambulancia que llamaron los empleados de la gasolinera tampoco vio a la gente en la zona del accidente hasta que estuvo casi encima. La Guardia Civil de Tráfico tiene las cintas de seguridad de la gasolinera para identificar el vehículo. No es la primera vez. Hace un par de meses, ya hubo otro atropello. Un vecino de la zona ha remitido una carta al Concello en estos términos:
[…] A obra está a ser unha desfeita, en primeiro lugar de coordinación. Un exemplo é o feito de que despois de colocar hai uns meses todas as farolas ao longo da estrada tiveron que volver a quitalas e poñer outras novas, co gasto que iso supón, porque estaban postas no lugar equivocado e tal como estaban colocadas algunhas incluso estaban coa luz á altura dos coches, co risco de deslumbramento que supón. Tiraron o muro dunha finca expropiada que pechaba a rúa do Batán pola súa marxe esquerda e agora resulta que parece que o tiraron por erro, polo que quedou o muro a medio tirar, a rúa queda fatal xa que parece unha ruina e dubido moito que o vaian a arreglar xa que non forma parte da súa obra. Hai ademais deficiencias na miña opinión no deseño da obra: agora que xa van meses de obra, os veciños non temos nin idea de cómo vai quedar a cousa. Parece ser que o túnel que se está facendo por debaixo da N-VI entre a rúa do Batán e a rúa das Lavandeiras (aproximadamente) vai ser dun só sentido, sin saber en cal nin entenderse moi ben porque non se fai de dous sentidos, co que daría moito mais servizo aos veciños. Ademais parece que non está prevista a instalación dun paso elevado sobre a estrada, como por exemplo o que hai en Iñás. Isto é un problema xa que a estrada vai ter mediana polo que non se poderá cruzar, e hai que ter en conta en primeiro lugar a parada de bus que hai á altura da gasolinera, que moita xente emprega para ir a traballar e que si non se pode cruzar quedará inutilizada, e hai que ter en conta tamén a propia gasolinera, que exerce tamén de tenda para mercar prensa, pan, etc para algúns dos vecinos, e que tamén o terán difícil para cruzar (non hai ningunha outra tenda entre O Carballo e San Pedro). Penso que o concello podería presionar para solicitar ese paso elevado. Outro problema son as molestias ocasionadas pola obra e que o contratista non fai nada por intentar minimizar: cando apisonan as vibracións e temblores nalgunhas casas son enormes, na miña casa hai un par de semanas caeron platos da estantería mentres pasaban a apisonadora. O vial de servizo que puxeron entre a rúa da Calexa e a rúa do Traballo empeza a estar bacheada, e nos días de sol a cantidade de polvo que levantaba era enorme, todas as casas próximas e coches que pasan por alí acaban cheos de polvo. Eu son técnico de medio ambiente e sei que nestes casos acostuma a esixirse ao contratista que regue o camiño para evitar que se levante polvo os días secos, pero aquí nada de nada. E sendo unha obra que se prolonga mais dun ano e un camiño de servizo que soporta bastante tráfico debería ter sido asfaltado e non deixado con terra. Tamén sería mellorable o feito de que o acceso á rúa do Batán dende á N-VI ten agora liña continua, polo que non é posible acceder á rúa do Batán. O certo é que moitos vecinos seguimos accedendo incluso coa liña continua, e non se entende porque non poñen unha liña discontinua que permita baixar cara a rúa do Batán, obligándonos a dar voltas ou acceder dende o bacheado e sucio camiño de servicio da Calexa. Non parece que ese acceso con liña discontinua vaia suponer ningún problema de seguridade. E por último, o tema da seguridade: a pesar de non ser un núcleo urbano, a zona ao longo das obras ten moitas casas pola beira, e onde hai casas hai xente entrando e saindo, paradas de autobús, xente que pasa caminando entre O Carballo e San Pedro, etc. Pois ben, non hai nin unha sinalización, nin unha beirarrúa temporal, nin unha soa medida de protección para os peatóns. Temos que ir caminando polo medio da obra, case entre os coches, ou meternos polo medio do barro (por exemplo en zonas onde antes había beirarrúa e agora a romperon, quedando durante meses a zona abandonada e sin sitio para que pasen os peatóns: por exemplo entre o cruce da rúa do Batán e a gasolineira). Os coches siguen pasando á mesma velocidade, sin ningunha medida de protección, badén, beirarrúas ou pasos provisionais para a xente e claro, logo pasa o que pasa… […] Sergio París.
Fuentes del Concello apuntan a que son obras de Fomento en las que se suelen mantener los itinerarios peatonales. Desde la concesionaria de las obras se dice que a Fomento lo único que le importa es mantener la fluidez del tráfico. Veremos… La semana que viene, Obras Públicas del Concello tiene previsto entrar en las obras para ejecutar los servicios del Concello. Entre ellos, el alumbrado público. En ese momento se revisará todo el trazado para evitar casos como este: desaparecida la marquesina, en la obra ni saben en dónde para el bus. Lo mismo te aparcan las excavadoras en el apartadero de la parada. Para agilizar esta inspección, desde Obras Públicas invitan a enviar fotografías de todos los tramos en los que se hayan inutilizado sendas para peatones; incluidos aquellos en los que se ha suprimido el arcén. [php]global $pos; if ($pos==1){global $locucion; global $imagen; $locucion=»http://vhss-d.oddcast.com/vhss_editors/voki_player.swf?doc=http://vhss-d.oddcast.com/php/vhss_editors/getvoki/chsm=8c3406f86292320669cb1ddba108cb4c%26sc=5922105″; $imagen=»http://c.gigcount.com/wildfire/IMP/CXNID=2000002.0NXC/bT*xJmx*PTEzMzUxOTIyMTA3NDImcHQ9MTMzNTE5NTA5NjIyNyZwPTk3NTA3MiZkPTAwMCUyMC*lMjBWb2tpJTIwV2lkZ2V*Jmc9/MSZvPTA3ZTY5MmYwYzgyMDRjYWRhMTliMjViZjFlNzZmMWQ5Jm9mPTA=.gif»;};[/php]