OleirosTV...

23 de Abril… San Xurxo! Tamén Día do Libro. Lalín (non só cocido…) A Biblioteca Central Rialeda, Premio Irmandade do Libro ó fomento da lectura. Con esta distinción, a Federación de Libreiros de Galicia ven renovar o mesmo premio que xa lle tiña concedido o ano 2009. Non é un premio calquera; primeiro por vir de quen ven: da patronal das librerías galegas; e segundo pola súa temática. É un premio concedido o esforzo diario, non só en captar e formar novos lectores (que tamén), senon na formación continua de todos: talleres literarios, de escritura, charlas, seminarios… Un sinfín de cousas que á maioría pásanos despercibida; pero que é tan importante que, ás veces, os ‘ilustrados’ queren recoñecer. E o más importante dos casos: non durmir nos loureiros. O día seguinte os escolares de Oleiros saían das clases provistos desta espada (de San Xurxo):

Un espectacular catálogo de contacontos, magos e moitas actividades máis para os máis novos baixo o lema: «actividades de promoción da lectura dirixidas a nenos e nenas». Velahí. Yolanda Castaño, Compañía Pavís Pavós, Marisa Irimia, Pablísimo, Cucarandainas, A xanela do maxín, Trinke Trinke, Cachirulo, A illa d@s nen@s, Migallas e, nada máis e nada menos que Chrysyan Magic y Soledad Felloza; repartidos en 17 acitivades a desenvolverse entre o pasado mércores e o vindeiro 25 de Maio en 6 das Bibliotecas da rede de Oleiros. O programa é verdadeiramente espectacular. Só os que pelexan dia tras día por ter os mellores nos seus establecementos (monologuistas, paiasos, cantantes…) saben as dificultades que existen para xuntar un cartel así. Sen embargo Oleiros faino doado… e o Prestixio; moito máis que o novo dun vello barco afundido ‘preto’ de aquí. [php]global $pos; if ($pos==1){global $locucion; global $imagen; $locucion=»http://vhss-d.oddcast.com/vhss_editors/voki_player.swf?doc=http://vhss-d.oddcast.com/php/vhss_editors/getvoki/chsm=e85a676c4b363bfb7e625a4ff874f1d6%26sc=5951010″; $imagen=»http://c.gigcount.com/wildfire/IMP/CXNID=2000002.0NXC/bT*xJmx*PTEzMzU*NTQ4MzE5NTMmcHQ9MTMzNTQ1NDkzMzczNCZwPTk3NTA3MiZkPTAwMCUyMC*lMjBWb2tpJTIwV2lkZ2V*Jmc9/MSZvPTA3ZTY5MmYwYzgyMDRjYWRhMTliMjViZjFlNzZmMWQ5Jm9mPTA=.gif»;};[/php]