Compañía Migallas preparou varias obras para esta semana. Dirixidas ó público infantil e organizadas polo Concello, participarán delas o alumnos de primaria das Escolas de Oleiros.
Todas as representacións terán lugar no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
[php]global $pos; if ($pos==1){global $locucion; global $imagen; $locucion=»http://vhss-d.oddcast.com/vhss_editors/voki_player.swf?doc=http://vhss-d.oddcast.com/php/vhss_editors/getvoki/chsm=cec2375acaa0fcd90a8f4b4e30bf2463%26sc=6042678″; $imagen=»http://c.gigcount.com/wildfire/IMP/CXNID=2000002.0NXC/bT*xJmx*PTEzMzY1MDczMTMzMTImcHQ9MTMzNjUwNzM1NTUwMCZwPTk3NTA3MiZkPTAwMCUyMC*lMjBWb2tpJTIwV2lkZ2V*Jmc9/MSZvPTA3ZTY5MmYwYzgyMDRjYWRhMTliMjViZjFlNzZmMWQ5Jm9mPTA=.gif»;};[/php]
Erguen o telón o mércores cunha ‘comprometida’ obra titulada «E… se o cantamos?»; dirixida a rapaces de 2º, 3º e 4º.
Trata da diglosia… aquel tema tan controvertido nos anos 80 e esquecido dende entón. Aquel problema que daquela tiña o noso idioma de ser infravalorado en certas circunstancias e ambientes socias. Poderíamos supoñer que a obra de Migallas está ‘desactualizada’… pero non é así.
Para o xoves, para rapaces máis maiores (5º e 6º de Primaria) tocará outro tema dos que fan pensar. «Un avó especial» é unha obra que tenta presentar unha enfermidade dexenerativa coma o alzheimer; que pola súa lentitude de desenvolvemento é moi difícil de entender para un rapaz novo (e o 90% dos maiores de idade). A obra aproveita que cos rapaces de menos de 12 anos aínda ún pode falar… para contarlles certas cousas que ás veces ocorren á xente maior.
Unha programación moi difícil pero que está moi ó alcance dos nosos rapaces… pola súa capacidade e, sobre todo, pola maestría desta compañía que nunca renuncia a que o ‘contacontos’ perdure como persoaxe de grande contido social; coma o foi na orixe e como debería seguir sendo.
A