A rede de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores; organizan, para o vindiero 30 de Maio, unha ruta polo Concello para coñecer os lugar onde viviron, aquí en Oleiros, catros das principais escritoras galegas.
[php]global $pos; if ($pos==1){global $locucion; global $imagen; $locucion=”http://vhss-d.oddcast.com/vhss_editors/voki_player.swf?doc=http://vhss-d.oddcast.com/php/vhss_editors/getvoki/chsm=14d84da33bc11d9066c5eac4ca8c5243%26sc=6120075″; $imagen=”http://c.gigcount.com/wildfire/IMP/CXNID=2000002.0NXC/bT*xJmx*PTEzMzcyNjg*NjgyMzQmcHQ9MTMzNzI2ODUzMTYyNSZwPTk3NTA3MiZkPTAwMCUyMC*lMjBWb2tpJTIwV2lkZ2V*Jmc9/MSZvPTA3ZTY5MmYwYzgyMDRjYWRhMTliMjViZjFlNzZmMWQ5Jm9mPTA=.gif”;};[/php]
Recibimos esta comunicación por correo electrónico:
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
Emilia Pardo Bazán e o Castelo de Santa Cruz
Sofia Casanova e as casas onde veraneou en Mera
Juana de Vega e o Pazo da Carballeira en Nós
María Casares e o Pazo do Río en MontroveEsta actividade organízase entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.
Os obxectivos que pretendemos conseguir son:
– Dar a coñecer diferentes mulleres ilustres que viviron no Concello de Oleiros.
– Mellorar o coñecemento de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
– Promover a lectura.Realizarase o roteiro que consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas mulleres ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Terá lugar o día 30 de maio e comezaremos ás 9.30 horas no Castelo de Santa Cruz onde unha monitora do CEIDA falará de como estaba na época de Emilia Pardo Bazán, trasladarémonos a Mera á casa de veraneo da xornalista Sofía Casanova, posteriormente desprazámonos ao Pazo da Carballeira en Nós na que viviu a escritora Juana de Vega e onde nos recibirá o director da Fundación Juana de Vega que explicará as funcións da mesma, para finalizar en Montrove no Pazo do Río onde pasou parte da súa infancia a actriz María Casares.
En todos estes lugares a presentación destas mulleres ilustres será realizada polo alumnado de 1º de bacharelato que elaborou o folleto.
En principio xa está confirmado que participará no roteiro ademais de alumnado do IES Miraflores, alumnado do Instituto Mª Casares e do Colexio Luis Seoane de Mera, aproximadamente 100 persoas, ás que se lles entregará a publicación.
Tamén poderán asistir todas as persoas que o desexen pero deberán apuntarse na Biblioteca Rialeda par ter praza nos autobuses.
DATA LÍMITE PARA APUNTARSE O VENRES, 25 DE MAIO.
Aunque a presenza nos lugares e libre, se queredes empregar o servizo de autobús para os desprazamentos deberedes apuntarvos nunha lista na Biblioteca Central Rialeda antes do venres día 25.