Como galego que é, non deixa claro se a súa intención é a de voltar á política activa ou a de apoiar coa súa presencia esta nova proposta nacionalista.
Se soada foi a súa marcha, o retorno pode selo tanto ou máis… | |
OleirosTVi: ¿Poderías aclarar para a xente de a pé… qué é iso do ‘Compromiso por Galiza’?
Antón Tenreiro Ferreiro: Compromiso por Galicia (CxG) é un proxecto galeguista de centro esquerda con vocación maioritaria, democrático e que pretende dar exemplo erradicando calquera acto de corrupcion. É transparente e democrático e defende as listas abertas nos procesos de elección das suas candidaturas. Está a traballar a súa implantación no conxunto de Galicia.
Pero, é un anaco escindido do ‘antigo’ bloque? Quén está detrás da iniciativa?
As forzas excindidas so hai unha: +G; Accion Galega creouse despois aínda que se afiliou algún excindido, Espazo ecogaleguista é unha forza nova, Converxencia XXI existía pero fora do BNG, Terra Galega tamén, hai tamén excindidos do PSOE (sector galeguista), PNG, Esquerda Nacionalista e algun do PP como Rafa Cuiña; ademais de persoas individuais, aínda que todas estas forzas van converxer nun unico partido e disolverse, de momento hai 9 forzas constituindo o proxecto.
Soa a unha especie de refundación do Bloque fora do Bloque…
Este proxecto novo non quere ser un BNG bis, quere ser e será un partido político, non un frente de partidos, con vocación maioritaria en Galicia.
Pensas que a UPG pode presentarse a algunha elección como partido político?
Non creo que a UPG se presente nunca coas suas siglas, agora tenta dar relevancia ao Abrente de Aymerich e Nogueira para manter a imaxe de frente, cando son eles e dous grupiños.
Vas polo bastón de Seoane o conformaríaste coa silla de Sarmiento?
Non imos contra ninguén, somos unha forza positiva, poñemos Galicia e os galegos por diante de ningunha outra cousa.
Non volvín para ter un cargo nin un posto, nin siquera para ser candidato, iso decidirao a militancia no seu momento. Polo de agora estou como calquer outro para botar unha man e crear unha forza moderada, aberta, integradora e con vocación maioritaria e de goberno. En calquer caso, en Oleiros será quen sexa o candidato ou candidata; será á alcaldía, non á silla de ninguén. E os veciños decidirán.