OleirosTV...

Este fin de semana coinciden as festas en O Carballo e en Lorbé. Lorbé, tradicionalmente a festa ‘das Grandes Orquestas’, trae este ano á París de Noia. O domingo día 5 despide a festa cunha degustación do seu mexilón. O luns e o martes será o día en que todos poidamos quedar marabillados do velamen enchido de vento e o silencio da navegación dos ‘enormes monstruos meriños’ que veñen visitarnos. Aquela ‘Cutty Shark’ que se fixo maior; e agora chámase só Regata de Grandes Veleiros; e que se entran en ceñida con vento do sur, terán que facer a virada a pouco más de 100 metros do faro de Mera. Se botan o que hay que botar… o espetáculo promete ser inesquecible.
O mércores, Santa Cruz verá no Parque de Liáns a Mostra AlfarOleiros, con 25 expositores de España e Portugal. O programa desta mostra ven acompañado por varias actuacións de todo tipo. Peter Punk estará nas Rúas de Santa Cruz o mesmo día 8. O Xoves actuará a Tuna de Veteranos de A Coruña.
Xa nun formato máis ‘tradicional’, terán a actuación descacharrante da Banda do Camión máis os Chingüeys o venres. O sábado a proposta é diferente: un espectáculo de cabaré ofrecido por Faranduleiras e un fin de festa de ‘Son Cubano’ a cargo da Trova Camagüeyana de Cuba.