OleirosTV...

Co remate do verán, retómanse varias das actividades organizados polo Concello. O Obradoiro de Olería voltará ós tornos no mes de Outubro, no seu horario de Luns e Mércores ás 18:30 nas Torres de Santa Cruz. No mesmo lugar, neste caso os martes e xoves a partir das 18:00 sa voltou o Obradoiro de Teatro. Son estas actividades que comezaro o pasado mes de xaneiro e quedaron en suspenso durante o verán. Máis cousas que voltan: as actividades extraescolares. As preinscricións para as actividades acuáticas remataron o pasado martes 18 e, no caso de teren máis solicitudes que prazas, haberá sorteo mañá venres en A Fábrica ás 14:00 horas. Os rapaces que puideran quedar fora serán reubicados dangulnha maneira noutras pisciñas ou noutros horarios. O prazo para as actividades extraescolares que se desenvolven nos colexios polas tardes remata o vindeiro día 25 de setembro. Como sempre, pódense apuntar todos os que queiran dous día á semana; ou os catro en caso de reunir unha serie de requisitos. O programa inclue deporte e xogos na natureza; adaptados á idade dos rapaces: Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e os ‘maiores’. Onte arrincou Música e Movemento na Escola Municipal de Música e o vindeiro luns 24 o farán o resto das materias. Tamén comezaron onte as clases na Escola Municipal de Danza. En fin… remataron as festas (de momento) rematou o verán. As cousas van pouco a pouco voltando cara a normalizada… e pouco a pouco cara o videiro mes de xuño, verdade?