OleirosTV...

Hemos recibido este correo electrónico:
Bos días compañeiros e compañeiras, Temos boas noticias recibidas sobre o Concurso “Corta con las Barreras” para o que presentamos o proxecto “ACCESIBILIDAD EN EL ENTORNO DE SANTA CRUZ Y ADECUACIÓN DE LA PLAZA DO EXILIO”. O Concello de Oleiros foi seleccionado como finalista do concurso xunto os concellos de Torrejón de Ardoz (Madrid), Palma de Mallorca (Illas Baleares), Vélez (Málaga) e Linares (Andalucía). Conseguimos pasar a etapa segunda do concurso logo que verificaran a documentación requirida e comprobaran o cumprimento normativo da proposta. A puntuación que obtivemos e a seguinte: MEMORIA DE CALIDADES: 9 dun máximo de 15 puntos. RESPALDO CIUDADANO: 30 dun máximo de 30 puntos. ANTECEDENTES EN ACCESIBILIDADE: 25,5 dun máximo de 30 puntos. PUNTUACIÓN TOTAL OBTENIDA EN LOS CRITERIOS OBXETIVOS: 64,5 puntos. Como podedes ver obtemos a máxima puntuación en respaldo cidadán e non chegamos a máxima cos antecedentes en accesibilidade por non dispoñer dun Plan Integral de Accesibilidade (PIA) ou Plan Municipal Integral de Accesibilidade (PMIA). Nesta segunda etapa o noso proxecto pasou a valoración dos criterios subxectivos dun comité de expertos e foi elixido. Sepáranos de gañar o premio a última fase do concurso na que calquera cidadán pode votar o proxecto que máis lle gusta a través dunha web (http://www.cortaconlasbarreras.com/). As votacións pódense levar a cabo dende o día 1 o 12 de outubro. Decidiuse presentar a Praza do Exilio de Santa Cruz por varios motivos:
  • Cumpre as condición do concurso en canto os metros cadrados da praza.
  • Está afundida con respecto os soportais, arranxando isto camiñamos cara a accesibilidade de todo o entorno da praza: entrar nas casas, ir a comprar unhas gafas, levar unha mascota o veterinario ou, simplemente tomar algo nun bar agora e imposible ou dificultoso para moitas persoas.
  • Completar un tramo de beirarrúa no entorno do colexio e conectar a praza co parque a través dun paso de peatóns elevado, completa rutas peatonais que vinculan os espazos públicos de encontro para las distintas xeracións.
  • Temos un proxecto anterior que nos da referencias.
VOTA XA!! EN: http://www.cortaconlasbarreras.com/projects/11 REPORTAXE SOBRE O NOSO PROXECTO: http://www.youtube.com/watch?v=pdPfSFQiQ8w