na pasada xuntanza) podemos sinalar, polo de agora: a recollida de sinaturas en apoio á iniciativa, que vai adiante; a presentación da moción pro-creación de hortas urbanas comunitarias en Oleiros no pleno municipal da vindeira semana; e a vontade unánime (amosada polas persoas que asistiron ao encontro) de traballar as potenciais hortas comunitarias cunha filosofía de agricultura ecolóxica, que é o que se está a facer nas hortas de Vila Melania, en Culleredo.
Ao Concello de Oleiros, o que se lle propón a través da moción é que asuma o liderado do proxecto, como acontece noutros concellos galegos onde se puxeron en marcha hortas comunitarias; encargándose de achegar solo municipal próximo a algún dos núcleos urbanos do concello (onde cremos que tería máis xeito e, ao tempo, a demanda podería ser maior) e de facilitar logo o necesario asesoramento técnico. Segundo os modelos que xa hai, as persoas usuarias vanse facendo progresivamente máis autosuficientes, de maneira que elas mesmas se autoorganizan sen suporlle iso á Administración máis custos nin esforzos.
Falouse tamén, en último lugar, da posibilidade de organizarmos unha visita ás hortas de Vila Melania para, da man das persoas usuarias, coñecer in situ como está a funcionar a experiencia.
En función da resposta municipal que recibamos organizaremos novos encontros e avanzaremos máis na concreción para que, sexa como for, en Oleiros poida comezar a facerse realidade esta iniciativa.
Este é o texto que acompañara á solicitude:
BNG Oleiros | Colaboración
Como conclusións prácticas máis inmediatas (O cultivo da terra para a produción de alimentos ou outros usos (ornamentais, mediciñais…) é unha actividade propia da nosa cultura ao longo da historia. Porén, a organización urbana dificulta ou elimina esa práctica, fundamentalmente pola falta de espazos onde facelo: a tenencia da terra é máis limitada e cara. Fronte a isto, hai anos que moitos sectores da sociedade levan a cabo iniciativas que favorecen a recuperación de terras para o seu cultivo nos núcleos urbanos. No noso país, case todas as cidades contan con experiencias nese sentido: A Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ourense… son exemplos prácticos de diferentes maneiras de por en práctica a horticultura urbana. O seu volume mesmo derivou na constitución da Asociación Galega de Horticultura Urbana. O proxecto de hortas urbanas e comunitarias para Oleiros basicamente, consiste en aproveitar terras baleiras na contorna dos principais núcleos urbanos do noso Concello (Santa Cruz, Santa Cristina, Perillo, Oleiros, Mera…) e habilitalos en pequenas parcelas para o seu cultivo por parte dos veciños e veciñas interesados, baixo control e asesoramento técnico municipal. As súas vantaxes son evidentes: constitúe unha alternativa de ocio, ao tempo que se trata dunha actividade produtiva; permite a aprendizaxe práctica, e o intercambio de saberes e experiencias; facilita o contacto entre persoas de idades moi diversas e a relación veciñal; permite experimentar a auto-organización e xestión comunitaria; valora a terra e os seus produtos, como parte dunha alimentación saudable. O noso Concello conta con terras baleiras, ben de propiedade municipal ou de propietarios particulares cos que establecer convenios, e con veciños e veciñas dispostas a darlles uso. Por que non facelo?
Os abaixo asinantes, veciñas e veciños de Oleiros, manifestamos o noso apoio a esta iniciativa de hortas comunitarias, así como o interese en participar activamente como usuarios/as das mesmas polo que solicitamos do Concello de Oleiros a creación das HORTAS COMUNITARIAS DE XESTIÓN MUNICIPAL DE OLEIROS.DESCARGAR FOLLA