OleirosTV...

Coincidindo co Día da Paz, o BNG da comarca da Coruña vai render unha homenaxe a Nelson Mandela. Haberá actuacións musicais e lecturas de textos do líder nacionalista e revolucionario africano. Participan artistas e persoas relacionadas co mundo cultural como Isabel Risco, Adelaida Vidal, Uxío Pedreira, Montse Yoldi, Noelia Papín, Pedro Brandariz, Ramiro Vidal, Anxo Fernández Laxe e Xosé Henrique Rivadulla Corcón. Haberá tamén unha intervención política a cargo de Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento de Galiza e membro do Consello Nacional do BNG. Ver evento en facebook… IMPORTANTE: Caso de chover, o acto trasladarase para a pista polideportiva cuberta de Perillo, xunto á Fonte da Barreira (Avenida da Segunda República).

6 Comentario

  1. Edgar Castelo Rodríguez

    Podemos presumir de muchas cosas pero de avergonzarnos también

Participa en la conversación