O pasado ano, os rapaces e rapazas de Oleiros matriculados nas Escolas de Educación Infantil participaron en varias actividades que foron gravadas en vídeo. Esas gravación son a base deste documental orientado, sobre todo, a eses rapaces.
Por iso, ó seu remate haberá unha sesión de contacontos a cargo de Teresa Grau.
Este acto forma parte da programación municipal para conmemorar o Día da Muller Traballadora que se celebrará o vindeiro 8 de marzo… como todos os anos, un só día. Lástima.