OleirosTV...

Sandra Fernández e nai dun rapaz con «necesidades educativas especiais»; termo que engloba un amplísimo número de situacións nas que os nenos precisan dunha atención especial durante as horas lectivas; a maiores das que pode ofrecer o seu profesor titor. No CEIP de Perillo, hai unha denuncia dun recorte de preto dun 50% nas horas que este tipo de persoal pode atender ós rapaces. Das 67 horas de pedagogía terapéutica e as 54 de audición e linguaxe que estiveron garantidas durante o pasado curso, quedan apenas 35 e 25 horas respectivamente. Tantas son as posibilidades de que un rapaz precise desas «necesidades educativas especiais» que os afectados por ese recorte e que apoian esta iniciativa superan a cincuentena (52); o cal ven converter tales «necesidades educativas» niso… en «necesidades educativas» dos rapaces e de medios para poñelas en práctiva dos centros educativos; porque moitas veces parece que o «especial» é un favor que che fan. OleirosTV: Falas de recorte de profesorado ¿o pasado curso as necesidades estaban cubertas? Sandra Fernandez: O ano pasado, creo que sí estaban cubertas. Non fomos informados do contrario. OTV: ¿Cales son as labores que desenvolven eses profesionais cos vosos fillos e por qué é tan importante a súa presenza nos colexios? SF: Principalmente fan un traballo específico e individualizado co alumno con necesidades educativas especiais. Xunto cos titores, fan as adaptacións necesarias para que o alumno adquira as mesmas competencias que o resto da clase. As veces traballan na nesma aula que o resto da clase e outras fan traballo individual fora da aula. OTV: ¿Cal é a postura da dirección do centro? Tanto pola perda de persoal como pola necesidade de chegar ós 26-27 alumnos por aula pese a ter un colexio novo no concello? SF: A dirección nos informou de que o centro seguiu todo o protocolo de información das necesidades para o curso 2015-2016 no mes de xuño á consellería de educación. Ao inicio do curso lles comunicaron que o centro tiña asignado a metade do profesorado solicitado. A dirección do centro, en nome do claustro do profesorado, solicitou a reposición do profesorado de forma urxente. OTV: ¿Qué fixestes onte á mañá con esas case máis de 500 firmas acadadas (mais de 900 a esta hora) en change.org? ¿Qué plans hai se o que fixestes ata hoxe no da resultado? SF: Esta mañán (por onte), deúselle entrada no rexistro da delegación da Xunta a un escrito acompañado das firmas, dirixido ao xefe territorial da Consellería de Educación na Coruña, Indalecio Cabana Finca. No escrito solicitabamos unha entrevista con el. O venres 18, volveremos reunirnos para decidir os seguintes pasos que irán encaminados a conseguir un único obxectivo: lograr todo o profesorado necesario para cubrir o total de horas solicitado polo equipo directivo. Moitas grazas, Sandra… e moito ánimo. Razón non vos falta e sorte tampouco tería que ser necesaria. É un dereito!

Participa en la conversación