programación cultural do Concello de Oleiros neste outono.
Os rapaces do instituto de Bastiagueiro representarán a obra «Tolemia» que conta como os tolos abren os camiños polos que despois (se cadra) pasarán os sabios. Xa tiveran a sua estrea en xuño, cando celebraron o remate do obradoiro de teatro pertencente ó «Feito en Oleiros 2015» e participaron coa mesma obra no Certame de Teatro Escolar e Afeccioado «Don Bosco» que na pasada edición (e xa van 18) reuniu case un centenar de representacións teatrais no salón de actos do Colexio Calvo Sotelo da Coruña entre abril e xuño pasados. De entre todos eles, «Tolemia» acadou o 4º lugar na súa categoría.
Cun elenco formado por Noa Blanco Buela, Zeltia Ceias Rodriguez, Jaime Faraldo Gómez, Laura Lomba Taboada, Fátima Andrea Pérez Lamela, Sabela Cernadas Rodríguez, Antía Gómez Ortega, Paloma Igualada Pérez, Nuria Mexuto Bautista, María Rodríguez Grela, Alberto Rodriguez Vázquez, Carlos Iglesias Varela, Ana de Juana González e Ricardo Delgado Collado; baixo a dirección de Ramiro Neira.
Entrada 2,50€ que poranse á venda unha hora antes do estáculo e ata esgotar a capacidade da sá.
O grupo de teatro do María Casares faise maior e entra pola porta grande na