OleirosTV...

[php] global $pos; if ($pos==1){echo «[br/] A [a href=’https://oleiros.tv/publicidad’ target=’_blank’ title=’A nosa oferta’ style=’color:#FFFFFF’]publicidade[/a] fainos independentes.[br/][br/]»;}[/php]
[php] global $pos; if ($pos==1){echo «[div align=’center’ class=’fantasma’][a href=’http://www.voki.com’ target=’_blank’ style=’color:#FFFFFF’]voki.com[/a][br/][span style=’font-size:small’]Creación de avatares parlantes para educación.[/span][/div]»;}[/php]
A Mesa Pola Normalización Lingüística Avenida de Lugo, 2 – A, entresollado A, Santiago de Compostela | Tel. 981 563 885 | Fax. 981 583 782 | www.amesanl.org
Oleiros acollerá o 12 de marzo a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, da autoría de Carlos Callón O acto, organizado pola Asociación Cultural Vieiros, terá lugar ás 20.30 h no teatro do centro cultural As Torres de Santa Cruz Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.- O teatro do centro cultural municipal das Torres do Porto de Santa Cruz, en Oleiros, acollerá esta próxima segunda feira (luns) 12 de marzo un acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, o máis recente traballo sociolingüístico de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma cidadá unitaria Queremos Galego. Organizado pola Asociación sociocultural Vieiros, o acto contará coa participación do propio Callón, que será precedido, a xeito de presentación, por Cibrán Turnes, membro do actual equipo directivo de Vieiros, e por Nacho Taibo, escritor e profesor no IES Xosé Neira Vilas da parroquia oleirense de Perillo. En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, segundo explica, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións». A través dun libro concibido ao xeito dos manuais de autoaxuda tan ao uso, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos. Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis. A obra é, pois, unha chamada á reflexión, porén é, sobre todo, unha chamada á acción. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, editada por Xerais en xullo de 2011, é finalista aos premios Ánxel Casal e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), alén de ter sido xa galardoada co premio Redelibros 2011.