Recibimos esta mensaxe do portavoz da formación en Oleiros:
A creación de prazas de ORA en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera vai prexudicar ao comercio e á hostelería desincentivando aos seus posibles clientes.
O Alcalde non consultou a medida cos comerciantes que a consideran moi lesiva para os seus negocios.
Oleiros, 5 de abril de 2013.- A creación de prazas de ORA en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera vai prexudicar ao comercio e á hostelería desincentivando aos seus posibles clientes.
O Alcalde non consultou a medida cos comerciantes que a consideran moi lesiva para os seus negocios e de feito a asociación de empresarios de Oleiros opúxose no seu momento á implantación da ORA cando esta se instaurou en Bastiagueiro.
Esta medida prexudicará tamén aos veciños e veciñas que terán que pagar por aparcar donde antes o facían gratuitamente ao no prever o Concello reservas de prazas para residentes.
O concello carece absolutamente de unha política de dinamización económica e de apoio ao comercio como se reflicta nos orzamentos municipais do 2013 nos que só dedican 12.000 € ao comercio, especificamente á Feira do Mel, 18.000€ a promoción turística e 12.900€ a desenvolvemento empresarial, dun orzamento de máis de 25 millóns de euros.
É, xa que logo, un exercicio de cinismo pretender vender a amplicación dos aparcamentos de pago como unha medida a favor do comercio e a hostelería, aos que o Concello ten abandonados, cando o que revela é exclusivamente o afán recadatorio do Concello que tras a caída en picado dos ingresos por urbanismo é incapaz de calquera iniciativa dinamización económica para aumentar os ingresos que non sexa o incremento continuo das taxas municipais a comerciantes, hosteleiros e veciños.
Estamos a asistir a unha preocupante paralización do Concello, cun goberno acomodado falto de ideas e iniciativas para loitar contra os efectos da crise e activar a economía, como se está a ver nas pobres propostas que leva aos plenos. A isto hai que engadir que nin sequera se convocan os plenos a que marca a lei, xa que o Alcalde os está a convocar cada dous meses cando está obrigado a facelo mensualmente.
Manuel Sarmiento
Portavoz do Grupo Municipal do BNG