
“Entre nós”
O vindeiro sábado 13, ás 19:00 horas, presentarase nas Torres de Santa Cruz o resultado deste proxecto fotográfico:
ENTRE NÓS
Este proxecto nace coa idea visibilizar unha comunidade veciña totalmente descoñecida para a maioría da poboación tal como é a Xitana a través dos mais pequenos, os que mais sufren as consecuencias dos problemas creados polos adultos. Un pobo que vive Entre Nós, e que a través da fotografía se pretende dar a coñecer a súa cultura, costumes, cotidianidade e as súas ideas. Achegar, concienciar e familiarizar a uns con outros son os obxectivos principais.
Esta mostra naceu dun obradoiro que ofreceu a posibilidade de coñecer o idioma fotográfico para doce nenos e nenas que son parte do futuro deste pobo, co claro obxectivo de que sexan eles mesmos os que nos co