Para saber lo que pasa por aquí...

“Maxicosons” en Rialeda

A proposta de “Maxicosons” e a fusión da maxia e a música.

Álvaro Muras é un músico “funky”; con todo o que iso quere dicir. E quere dicir, sobre todo que non é tal: un “funky” é un músico que bebe de moitas fontes: dende o reggae ó rock, pasado por moitos mais “r” ata… o reguetón.

A súa derradeira “r” é a maxia. ¿Cómo, se maxia non empeza por “r”? Pois precisamente por iso: por Martín Camiña… o Mago. Cousas que pasan por “Arte de Música”.

¿É ou non é?

Quen quera ver esta estrea terá a sua oportunidade en Rialeda.

¿Atréveste coa maxia?

Deja un comentario