OleirosTV...

Para rematar. Preme na imaxe para vela a tamaño completo e aquí para descargar o .pdf co artigo completo; tal cual enviouno o Clube Náutico Punta Bufadoir a esta redacción.
Deportes nauticos Un porto onde o Clube Deportivo Mariñeiro de Mera, o clube de remo mais antigo de Oleiros, e a futura escola de vela do Clube Nautico Punta Bufadoiro ca súa buceta do Golfo Artabro recén recuperada, desenrolen suas actividades con normalidade ( pantalan de embarque como na Fábrica en Perillo, almacen para o material deportivo e vestiarios adecuados ect.). Como poden ver, este non é un megaporto deportivo de 500 ou 1000 prazas con hipermercado incluido. É un porto integrado no entorno que o rodea, unha ampliación do porto existente na entrada de Mera, un espazo onde convivan a flota artesanal de baixura, o turismo, os deportes nauticos, a nautica deportiva, as praias de Bandeira Azul, con novos servizos que faría de Mera e por suposto do Concello de Oleiros, un referente do nautismo sostible. Este e o camiño a seguir, o turismo náutico, medioambiental e de calidade é o futuro do Concello de Oleiros, como poden ver no plano que adxuntamos xa existen estudios e proxectos para dita ampliación (este é do Concello de Oleiros do ano 2003) o único que falta é a vontade e o compromiso de todas-as Administracións para realizalo.