
A posibilidade de municipalizar a xestión das pisciñas municipais
O BNG de Oleiros remitiunos o seguinte comunicado de imprensa:
A Xunta de Goberno Municipal debateu onte [22/03] a prórroga por un ano do contrato de explotación das piscinas coa empresa Aqualia, o cal expiraría neste 2016
Fran Rei propuxo na comisión informativa previa á Xunta encargar aos servizos xurídicos do Concello un informe sobre as posibilidades legais e implicacións
Oleiros, 23 de marzo de 2016.- A Xunta de Goberno do Concello de Oleiros celebrada onte tratou como un dos puntos da súa orde do día a proposta de prorrogar durante, ao menos, un ano o contrato de explotación das catro piscinas municipais con que conta o municipio á empresa Aqualia. A adxudicación do contrato celebrada no seu día foi por seis anos e caducaría no presente ano, mais tal e como explicou a prime