OleirosTV...

Va por la política de austeridad, pero como cunda el ejemplo y sigamos así, ya sabemos cual es el siguiente sector en hundirse con la crisis. Los funcionarios del Concello se han encontrado con este correo en su buzón hoy por la mañana:
Viña sendo habitual que ano tras ano por estas datas recibirades unha comunicación da Alcaldía na que se vos daba información sobre a cea de Nadal, pois ben, por primeira vez desde que eu recordo e seguramente os máis vellos tamén, non vai ter lugar a tradicional cea. Sei que a meirande parte de vós non sodes alleos á situación económica que vive o país e que está obrigando ás administracións a facer importantes recortes orzamentarios. A cea de Nadal pareceunos que era un deses gastos que poderíamos cualificar de prescindibles. Tamén sei que moitos de vós estades de acordo coa decisión tomada. Ainda que por razóns económicas nos vexamos na conveniencia de prescindir dun acto que era basicamente un momento compartido entre todos os traballadores lembrar que, a pesar das dificultades, perseguimos un obxectivo común que é o de mellorar como Administración ao servizo do cidadán. Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros Oleiros, 22 de novembro de 2011