‘Pegadas da historia vitivinícola en Galicia’. Mostra das orixes da elaboración do viño en Galicia ó través dunha vintena de ‘lagares’. O visitante pode coñecer cómo son estas estruturas, o seu funcionamento, morfoloxía; e a localización destes vinte, polo de agora, os que temos atopado.
Completa a mostra unha recopilación de publicacións, documentos e arquivos do Fondo Biblográfico do Museo Enolóxico de Ribadavia.
O acto da inauguración daba comezo ó mediodía cun seminario ó cargo do autor do estudio: D. Luis Paadín. Psteirormente, acompañado de Lois Anxo Rodriguez, presidente do Consello Regulador do Ribeiro, de Carlos Vales, Director do CEIDA; e dunha pequena escolla de viños do ribeiro; desvelarion algúns dos actos que desenvolveranse ó abeiro desta exposición durante este mes no CEIDA.
Varias xornadas dirixidas ós alumnos de distintas Escolas de Hostelería, as veladas ‘Son Viño’ o sñabado 17 e o xoves 28, contando co cuarteto de corda ‘Los Thiasos’; o Salón ‘Os Grandes do Ribeiro’ o día 21, cunha escolla de 25 caldos do ribeiro a cargo da Asociación de Sumilleres Gallaecia; e a actuación de Marful o venres 30, na clausura.