OleirosTV...

O Grupo de Persoas Voluntarias de Oleiros levan a cabo unha iniciativa para axudar ás persoas que estano a pasalo peor coa crise. Dende a Concellería de Servizos Sociais da Corporación Municipal ponse en marcha ‘O Banco Bó’… unha maneira de complementar e coordinar as actuacións desta xente para evitaren duplicidades no reparto. Trátase dunha serie de puntos de recollida de xoguetes, alimentos e produtos de limpeza e hixiene repartidos por toda a xeografía do Concello. Os xoguetes, que han ser novos e, preferentemente, educativos; poderán entregarse nas instalacións municipais xestionadas por AQUALIA… ou sexa, as pisiciñas. Os produtos de limpeza e de hixiene pódense entregar en calquera dos centros educativos do Concello, nasa Casas da Cultura e nas casas do Pobo. Como orientación, ademáis do carater educativo preferente dos xoguetes; fan falla Galletas, Cereais, Cacao soluble en pó, lentellas, conservas e demáis produtos non perecederos; aceite, fariña, azucre; e, pola parte dos produtos de limpeza, búscanse xabóns, champús, desodorantes, papel hixiénico. Por dar máis ideas, pódense incluir pañais e toalliñas para bebés. Nun principio, a Campaña comezou hoxe día 3 de Decembro e prolongarase até o vindeiro día 19. Prégase non levar todo o derradeiro día… Moitas grazas! PD: ORGANIZADORES… se queredes incluir máis información ou matizar isto, por favor poñédevos en contacto con webmaster@oleiros.tv.

Participa en la conversación