OleirosTV...

Ver evento en facebook… Estrea da nova montaxe da Compañía Elefante Elegante. A accidentada aventura dun aviador sen cordura é a historia do encontro dun aviador cun moucho, que como a todos os mouchos lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece, séntese mellor que nunca. Voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao amencer, énchese de tristura. Sentado na punta dunha póla, pensa en como sería marabilloso que a noite nunca terminase. Por que sae o sol? Por que a calma e a escuridade teñen que desaparecer para darlle lugar ao día? O desaxeitado, divertido, accidentado, cómico e creativo aviador vai intentalo todo para axudar ao moucho, pero será posible vivir nun mundo sen sol? Ao principio, o aviador axuda o moucho a tapar a luz do sol, pero as demais criaturas da terra comezan a perder a cor e a alegría. Decátanse rapidamente que para satisfacer o desexo do moucho están prexudicando a todos os demais. Haberá que atopar unha solución que deixe feliz a todos!

Participa en la conversación