Queridos festeiros e festeiras:
En nome de tódolos integrantes da comisión, dámosvos a benvida ás festas de Santa Cruz, que como cada mes de agosto chegan para alegrar durante uns días a vida no noso pobo.
Este ano, como novidade, contamos con xente nova á fronte da comisión. Somos un grupo de mozas e mozos do pobo que, ante a necesidade, decidimos dar un paso adiante e asumir a responsabilidade de organizar o programa festivo.
Temos ilusión, ganas e moitas esperanzas postas en que todo saia ben. Pero sobre todo queremos que todo o mundo, tanto a xente de Santa Cruz como os chegados de fóra, disfruten destas festas tanto como nós o facemos.
Sabemos de primeira man o esforzo que isto supón, e desexamos que vós tamén o entendades. Ó longo dos últimos meses traballamos duramente para sacar adiante o programa, que esperamos sexa do voso agrado. Traballamos a contrarreloxo, con moitas présas, pero tamén con moita emoción.
Queremos agradecervos, de antemán, todo o apoio que nos estades prestando. Tanto ós que fixestes doazóns como ós que botades unha man en todo o que podedes. Ós que nos preceden e nos axudan coa súa experiencia. E ós que bailades, rides e celebrades con nós. A todos e cada un de vós, grazas.
Temos por diante catro días de festa rachada: música, sardiñas, orquestras, misas, alboradas, churrasco, bailes, inchables e fogos de artificio. Noites longas e días curtos para encher de troula as rúas de Santa Cruz.
Dadas a benvida e as grazas, só nos queda desexarvos que disfrutedes destes días. Felices festas de Santa Cruz!
A comisión de festas.