OleirosTV...

A formación frentista en Oleiros difundiu a seguinte nota de prensa:
O BNG de Oleiros urxe ao Concello a tomar medidas en relación aos solares de Santa Cruz nos que se produciron demolicións Nos últimos meses, o antigo hotel Maxi e máis unha casa unifamiliar foron demolidas, ficando os solares nun estado lamentable Oleiros, 25 de outubro de 2013.- Nos últimos meses, dous solares do núcleo de Santa Cruz foron obxecto da demolición das súas construcións: o antigo hotel Maxi, e unha vivenda unifamiliar situada a carón do Parque Luís Seoane. O BNG de Oleiros aplaude a decisión da demolición do Maxi, tras máis de seis anos pechado, deixando esa beira do mar libre de edificacións, e permitindo unhas fermosas vistas do Castelo. Porén, denunciamos que esta actuación non teña sido rematada como debería ser, coindando a estética dun solar situado en pleno centro do pobo: os propios cascallos do edificio foron utilizados para formar o novo chan, convertido nun aparcadoiro de uso nada claro. No verán, a zona foi habilitada de xeito totalmente ilegal para o uso da ORA, feito denunciado no seu momento polo BNG. Na actualidade, continúase a utilizar como aparcadoiro, a pesares do lamentable estado do solo: restos de tellas, cascallos, aramios… Pouco tempo despois, tamén foi derrubada unha vivenda unifamiliar situada a carón do Parque Luís Seoane, na beira da estrada xeral. Dita demolición foi unha auténtica chapuza, quedando todos os cascallos amontoados, mesmo parte da estrutura do baixo en pe. Como medida de seguridade, rodeouse o solar dun valado metálico, pero non semella que se vaia facer ningunha outra actuación. Aplaudimos as iniciativas que recuperan espazos ocupados por edificacións vellas e en desuso, tanto por cuestións de seguridade como estéticas. Con todo, é inaceptable que estas actuacións sexan levadas a cabo de xeito tan chapuceiro, sen que o goberno municipal tome as medidas oportunas para que sexan concluídas de xeito oportuno. BNG Oleiros
Certamente, o uso do solar do derrubado Hotel Maxi como aparcadoiro (con pago ou sen el) non está nada claro; e é evidente que o estado actual do solar supón un perigo para o río. Se o solar vai ficar valeiro ata que os actuais propietarios decidan levantar nel outro hotel (ou dadas as condición da parcela, nen tan siquera unha casa de turismo rural); terán que adaptalo ás necesarias condicións de hixiene, salubridade e, sobre todo, ornato. Obviamente, non se pode exixir a urbanización da totalidade da parcela, pero sí que se excute xá a cesión obligatoria e a urbanización das partes pertencentes a Costas e ó Concello de Oleiros; como a calquera outro propietario de solo que teña obtivo licencia do Concello para facer calquera tipo de obra.

Participa en la conversación