Para saber lo que pasa por aquí...

BNG de Oleiros pide ó Concello posicionarse contra os crimes do franquismo

O BNG de Oleiros presentou polo rexistro do Concello unha moción para que o Pleno mostre a súa adhesión á querela presentada no Xulgado Nº1 de Bos Aires contra os responsables da sistemática represión e conculcación dos mais elementais dereitos civiles durante o réxime de Franco en España.

O BNG chama a atención, na súa nota, que é a primeira vez que vense a romper o “muro de impunidade”; e supón unha grande oportunidade para que as vítimas do sistema pasado vexan os seus dereitos recoñecidos, poidan declarar o que realmente aconteceu e os danos poidan seren reparados.

A xuiza María Servini entende que os delitos de “xenocidio” e “lesa humanidade” non prescreben nin poden ser amnistiados por leis “de punto final”; polo tanto, aqueles vivos que poidan ter participado neles deberán ser xulgados e, no seu caso, condeados.

Desta maneira, o BNG de Oleiros fai súa a a iniciativa da Rede Cidadá de Apoio á Querela Arxentina contra os Crimes do Franquismo e pide a todos os grupos que consensúen no Pleno unha moción de apoio a esta causa.

No texto presentado polo BNG para o debate, fálase dos dereitos á verdade, á xustiza efectiva, á reparación e a o establecemento dun marco normativo que garante a non repetición do sucedido.

Pide que se estableza o marco regulamentario necesario para que os sucesivos Gobernos Municipais de Oleiros garantan que os veciños e veciñas, tanto quen foron persoalmente represaliados ou os seus herdeiros, teñan no Concello un aliado ó que acudir en busca de axuda para poder persoarse na causa aberta; e os veciños en xeral, un altofalante co que expresaren a súa total repulsa ó sucedido e a súa exixencia de que non se poida repetir.

Deja un comentario