Para saber lo que pasa por aquí...

Concerto Solidario da Banda da Escola de Música; a beneficio da ONG Tierra de Hombres

O vindeiro domingo pola tarde, a Banda da Escola Municipal de Músuca de Oleiros dará un concerto a beneficio da ONG Tierra de Hombres.

Seguindo os principios recollidos na Convención sobre Dereitos do Neno de 1989 en na Carta Fundacional da entidades, Tierra de Hombres ten como obxectivo promover o desenvolvemento da infancia protexendo os seus dereitos; sen discriminación por cuestións de orde política, racial, confesional uo de xénero. Un movemento que tivo dende os seus inicios os arrestos de desenvolver as suas accións en escenarios de guerra ou catástrofes naturais; pero tamén noutras situación máis comúns de desamparo.

Co paso do tempo, Tierra de Hombres viuse de especializar en tres ámbitos: o social, a saúde e os dereitos do neno.

Sempre tivo unha doble vocación: por un lado os proxectos de axuda directa administrados polas suas propias estruturas ou mediante a colaboración con entidades locais; e, por outro, as campañas de promoción dos dereitos do neno e de denuncia de algúns feitos en particular; converténdose dalgunha maneira nun embaixador más dos dereitos do neno no mundo.

Entrada/donativo de 5€; que dará a posibilidade de participar nun sorteo de material da ONG.

Ver evento en facebook…

Deja un comentario