OleirosTV...

Recibimos este comunicado do BNG de Oleiros denunciando o lamentable estado deste parque: O BNG de Oleiros, a instancia da veciñanza, quere denunciar o estado de deterioro e abandono no que se atopa o parque do Lameiro, en Nós.
Este parque consta dunha pista cercada, bambáns para os cativos e cativas, campo de chave, e zona recreativa. O estado de abandono é visible en todo o seu conxunto: a pista está agretada, sen pintar e chea de herbas, e non dispón de ningún complemento deportivo (porterías, canastras, etc.). O campo de chave, cheo de herbas (como todo o conxunto da área). Pero especialmente preocupante é o estado do parque infantil, onde a todo o demais cómpre sumarlle a presenza de cravos visibles debido á rotura da cerca de madeira que os rodea e que continúa sen arranxar, o que supón un perigo para os rapaces e rapazas que xoguen alí. A maiores de todo isto, chama a atención a existencia dunha morea de grafittis, xa antigos, en todo o conxunto da área. O BNG denuncia, evidentemente, estes actos de vandalismo nun lugar concibido para o lecer da veciñanza, pero é evidente a responsabilidade directa do goberno municipal neste estado de absoluto abandono e falta de vixilancia que, por desleixo das súas funcións, propician este tipo de actos. O BNG esíxelle ao goberno municipal á toma de medidas inmediatas para por de novo a área no estado axeitado para o lecer da veciñanza.
«Nós»… tamén exíxeo!

Participa en la conversación