
O BNG de Oleiros fixo pública onte unha nota de prensa na que preguntaba ó Goberno Municipal polas medidas “extraordinarias” tomadas para garantir a accesibilidade ás praias do Concello na tempada de verán.
Refírense ás medidas tomadas para que os coches que cheguen teñan onde estacionar (pagando ou sen pagar) e os peóns e veciños poidan chegar ós areais andando, en bicilceta ou polo medio que desexen.
Facían fincapé nos areais de Bastiagueiro e Mera.
O certo é que hai unhas semanas, un rapaz foi arrolado en Mera por un turismo cando ía en bicileta pola rua da praia. A xente cruza a Av. Che Guevara sen empregar as pasarelas peonís nin os pasos de cebra. E onte, unha densa masa de néboa deu ó traste cunha longa tarde de praia provocando un atasco circulatorio que chegou dende Santa Cristina ata Rialta.
Salvo os preparativos para a imprantación da ORA nas zonas de praia do Concello, ninguén é capaz de traducir as reunións e os proxectos que sen dúbida se fixeron no seu momento na Corporación Municipal en feitos concretos. De modo que a o noso alcalde non lle queda máis remedio que voltar a radio local e a Cadena COPE a pedir, por favor, que os que queiran ir de Bastiagueiro ó parking público (de pago) e viceversa, o fagan empregando a pasarela e non collendo carreiriña; que calquera día imos ter unha desgraza que dea moita pena teclear.
A Xunta de Galicia xa licitou o proxecto de ampliación da AC 173 dende Nirvana ata Mera. Pero as obras tardarán. Con iso nun horizonte a tan curto prazo, meter un euro alí e tiralo ó río Romardeiro ven sendo máis ou menos o mesmo. Nese proxecto si están previstas unha serie de medidas para o caso. Pera esas medidas non estarán rematadas ata o ano que ven.
Así que toca o de sempre: peón… ten cabeza; condutor… tí máis.
1 Comentario
Participa en la conversación
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.
Victor PD
El bng de oleiros, como siempre protestando por todo pero sin intención de hacer nada. Papones joder.