Para saber lo que pasa por aquí...

O sorprendente caso do Maxi

JSQ | Segundos antes do mediodía de hoxe, Manuel Sarmiento, voceiro do BNG de Oleiros, introduciu polo rexistro do Concello de Oleiros a solicitude da documentación necesaria para levar a cabo o sorprendente encargo de García Seoane de delegar nel as negociacións necesaria para facerse o Concello co solar do Maxi, en pleno centro de Santa Cruz.

Esta é a nova de imprensa que remitironnos dende a formación:

A sorprendente decisión do alcalde de Oleiros de delegar no concelleiro do BNG, Manuel Sarmiento, as competencias para negociar a adquisición do solar do Maxi para uso público, hoxe iníciase o proceso.

Foi o pasado domingo cando Manuel Sarmiento coñeceu, a través dos medios de comunicación, a noticia da delegación. No día de onte, recibiu o decreto da alcaldía no que se formalizaba a mesma. E xa hoxe, coincidindo coa celebración do pleno municipal, informouse aos grupos de dita delegación.

A pesares do inusual da decisión, tanto no seu contido como na forma de facerse e comunicarse, o BNG non quere deixar pasar o tempo e, esta mesma mañá, presentou no rexistro do Concello o escrito que se achega, para dar inicio ao procedemento:

Tal e como se indica no escrito, “a lexislación patrimonial aplicábel ás entidades locais estabelece que a adquisición de bens inmóbeis por compra ou permuta debe realizarse de conformidade co disposto na lexislación contratual pública, previa taxación pericial do mesmo (art. 11 RBEL e 272 LALGA)”.

Xa que logo, requírese dos servizos técnicos do Concello a elaboración dos informes e documentación que a lei sinala para levar a cabo dito proceso, a saber: “Documento no que se xustifique a necesidade da adquisición (art. 22 TRLCSP) (…); taxación do valor do inmoble realizada polo arquitecto municipal (art. 11 RBEL e 272 LALGA e DA 2ª TRLCSP) (…); proposta de Prego de Cláusulas Administrativas Particulares no que se xustifique o recurso ao procedemento negociado sen publicidade”.

O BNG inicia así, con rigor e responsabilidade, a execución da delegación para esta adquisición, que como non pode ser doutro xeito, debe respectar o procedemento administrativo e a lexislación na materia.

Unha vez estean dispostos os devanditos documentos, contactarase co propietario do terreo para iniciar a negociación.

Deja un comentario