Mensaxe da organización da Semana Cultural en Santa Cruz (Oleiros)
Unhas Verbas
Como cada ano, seguimos con noso proxecto de encher o noso pobo, Santa Cruz, de luz e cor durante toda unha semana. Na XXVIII edición da Semana Cultural Santaia propoñémosvos un feixe de actividades ao aire libre para toda a familia: grandes e pequenos; que en harmonía debuxan a pluralidade de Santa Cruz, un pobo aberto e participativo.
En cada actividade entregaremos un punto a cada participante. Consegue catro punto e poderás cambialos por unha camiseta da Semana Cultural 2013 o día da Festa do Doce na Praza do Emigrante.
Sabemos que estamos en tempos especialmente complicados. Por iso, desde a AVV Santaia facemos un chamamento á solidariedade entre veciños e propoñémosvos participar nunha recollida de produtos de hixiene, limpeza e alimentos non perecedeiros que se fará ao longo da semana e que posteriormente serán entregados ao Banco Solidario da Oficiña Municipal de Acción Voluntaria do Concello de Oleiros.
Podedes realizar a vosa aportación no Caixón da Solidariedade que se porá en cada unha das actividades propostas. Lembrade que unha pequena aportación pode converterse nunha gran axuda.
Máis información: avvsantaia@gmail.com