OleirosTV...

As nosas Bibliotecas «de Premio» prepararon outra das suas fenomenais sorpresas para este outono triste de volta ó cole. As donas das Bibliotecas pediron ó Alcalde de aquí e ó resto dos que mandan por ahí algo que fora verdadeiramente especial. E o Mago das Letras (que é o que máis manda nisto) dixo que este, coma os outros anos, os libros ían quedar fora disto que os maiores chaman crise. Os maiores non están para contos. Están tristes e cansos. Cansos de que todos os días sexan iguais. A a nós, os rapaces, encántannos os días iguais. Igual de intensos e divertidos. Igual de cheos de sonos e visións. Cheos de libros. O Mago das Letras traerá ás nosas bibliotecas a todos os nosos amigos; un ano máis… pero é que este ano trainos a todos. Estarán: Raquel Queizás, Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Genma Pardo, Pedro Brandariz, Fátima Fernández, Caxoto, Pizpireta, o Fogueteiro, Carmen Domech, as Compañías Sarabela Teatro, Trinke-Trinke, Elefante Elegante, Migallas Teatro, Larraitz,  Matapiollos Teatro, Xanela ocio e animación, Expresión Produccións, así como as monitoras María Noel Toledo e Nita, ou o mago Chrystyan Magic. ¿Cómo o ves? Pois eu collerei ó meu dragón voador e irei a todos eles; porque xa estou canso de ter que esperar unha semana cada vez que quero «ver» un conto. A miña nai di que tampouco e bó tanto conto. Que hai que facer cousas diferentes. Vale… ela que quede, logo; e a ver se fai algo diferente dunha vez. Eu teño tempo de sobra para ir ás (nada menos) 57 sesións que as Donas das Bibliotecas prepararon para este outono… é: A Hora do Conto! Descarga o programa!

Participa en la conversación