este é o enlace ás bases do concurso e estos os datos de contacto da xente que che pode axudar
O Concello de Oleiros convoca a 2ª edición do premio literario para rapaces do Concello; a partir de 3º de Primaria e todos os cursos de ESO.
Os textos presentaranse manuscritos ou impresos con formato tipográfico de nome «Arial» cun tamaño de 12pt e cunha extensión de non mais de tres páxinas; incluidas as fotografías ou os debuxos que contengan.
Obrigatoriamente escritos en lingua galega (é un concurso promovido dende a Concellería de Normalización Lingüística) e ambientados en Oleiros (con todo o que iso pode querer dicir).
A parte diso… liberdade absoluta.
¿Participas?
Os textos entregaranse nos colexios e institutos ou no Servizo de Normalización Lingüística en A Fábrica. Irán nun sobre pechado tamaño folio que só poderá conter o texto do relato. Neste relato non pode aparecer pista algunha de quén é o seu autor (OllO). Os datos do autor irán noutro sobre pequeno dentro do sobre grande. Para poder relacionar un sobre con outro, pola parte de fora de ambos irá escrito o título do texto.
Para os gañadores das duas primeiras categorías (2º e 3º ciclo de primaria), unha cámara fotográfica… e ter gañado o concurso, claro; e para os máis maiores un lector de libros dixitais (non… non ten whatsapp…) e, tamén, claro está, ter gañado o concurso; que de seguro que se liga máis.
Afiade os bolis (ou os dedos no teclado) e lembrade… case nunca sae á primeira.
O xurado estará formado por xente con coñecementos en literatura, narrativa, debuxo, cultura… Poñédellelo difícil!
Quedas con dúbidas: