Para saber lo que pasa por aquí...

Proposta para a rehabilitación do Porto de Mera. C N Punta Bufadoiro

Ó fío do debate “Oleiros e o Mar”, no que podedes participar en este enlace; o Clube Náutico Punta Bufadoiro de Mera envíanos esta proposta para dotar dunh serie de directrices a un posible proxecto de rehabilitación do porto nesta localidade. Debido á lonxitude do texto, dividimos a publicación en tres entregas que subiremos ó longo desta semana.

Moitas grazas a CN Punta Bufadoiro pola súa colaboración:

Oleiros é unha peninsula bañada polas augas de duas das rias mais importantes do norte da provincia da Coruña, nunha beira a ria mais poboada, a ria da Coruña , e pola outra a ria máis extensa, a ria de Betanzos – Ares.

En esta derradeira temos o porto de Lorbé que coa súa industria extractiva de mexilón,flota de baixura, asteleiro e a próxima conexión a Via Artabra é unha fonte de riqueza e emprego para o concello de Oleiros ademais pola súa situación na boca da ria, ca creación dun gran porto deportivo desbancaría a Sada como porto de referencia da ria de Betanzos – Ares.

Na ria da Coruña temos portos en Mera e Santa Cruz, afundido un tramo recentemente, o estado dos portos na ria da Coruña e lamentable, non se entende que o Concello de Oleiros non teña un porto cuns servicios nauticos básicos nunha das rias mais poboadas de Galicia.

Para encher este vacio nós pensamos nunha ampliación do porto existente en Mera, a continuación expoñemos nosas razóns.
Mera é o pobo, por historia e tradición, mariñeiro de Oleiros, un pobo de xente emprendedora e pioneira na pesca( tarrafas a vapor, campañas ao bonito, bateas, fábrica de salazón no Xunqueiro, primeiros aparellos de nylon ect.) e no transporte pola ria, cun porto feito no ano 1906 donde nunca houbo unha ampliación ou millora significativa por parte das Administracións de turno, sóo
boas palabras.

Moitos merachos aínda recordamos a finada Dña.María Victoria Fernández- España ou a D.Manuel Fraga prometendo un porto, cousa que nunca se cumpriu.

Dende sempre, a Confraría de Pescadores estivo a traballar por un muelle en condicións, hoxe o Clube Nautico Punta Bufadoiro reclama tamén un porto que satisfaga esta débeda que teñen as Administracións co pobo de Mera. Un porto respetuoso co entorno que o rodea (dúas praias de Bandeira Azul como son Penatouro e Espiñeiro ademais do Monumento Natural ” Costa de Serantes-Dexo”).

Continuar lendo…