Para saber lo que pasa por aquí...

Proposta para a rehabilitación do Porto de Mera. C.N. Punta Bufadoiro (II)

Continuamos coa proposta enviada por esta sociedade náutica:

Un porto que cumpra os seguintes requisitos:

Flota Artesanal de Baixura
Que os mariñeiros (8 barcos forman a Confraría son o M.Neira 2º, Vulcano, Corpiño, Maria José, Seixo Branco, Deseado, Ana Geli, Nuevo Sara e Mari ) poidan embarcar e desembarcar seus aparellos sen problemas de atraque ou calado como agora existe (suspensión da Procesión da Virxe do Carme, recentemente ), que poda ser utilizado como porto base ainda que,
puntualmente, nos meses duros do inverno teñan que amarrar na Coruña, como se fixo sempre.

Nautica Deportiva
Que a nautica deportiva teña uns servicios minimos (toma de auga e electricidade, grua, explanada para invernaxe de embarcacións coma no porto de Suevos, por exemplo, podendo ser utilizada de aparcadoiro para as praias, no vran).

Reorganizar o fondeadero de toda a vida ZONA A (ver foto) para evitar situacións de risco (colisións de embarcacións) e o caos existente( cabos nas hélices , aparellos nas amarras )

Turismo
Un porto onde poder desenrolar proxectos de turismo mariñeiro e turismo medioambiental (xornadas de pesca en embarcacións da 3ª lista, excursións maritimas en embarcacións tradicionais polo monumento natural ” Costa de Serantes-Dexo”) aproveitando os recursos
naturais que temos e dando a pesca de baixura unha nova actividade económica.

Un porto onde crear un servizo de transporte maritimo entre Coruña-Mera para que a xente que nos visite ou veña as nosas praias non necesite vir en coche, evitando asi moitos problemas nas rúas de Mera(coches aparcados nas portas das casas, atascos por coches mal estacionados, etc.); ademais de axudar a desconxestionar a AC-173, unha das estradas comarcais con mais tráfico de
toda Galicia.

Habilitar un fondeadero no Xunqueiro ZONA B( ver foto) pra os veleiros, iates e demais embarcacións que nos visitan no vran, xa sexa o fin de semana ou de paso, e darlles a opción que nas suas lanchas auxiliares poidan baixar a terra no porto (agora mesmo e imposible) engadindo unha nova fonte de ingresos a hostelería e comerzo da zona.

Continuar lendo…