OleirosTV...

A Biblioteca Central Rialeda é a cabeceira do sistema do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais. Ela e as súas sete compañeiras forman unha constelación cultural que xa quixeran para si moitos concellos moito maiores que o noso. Acumula xa os premios. Como o María Moliner de animación á lectura ou o premio Irmandade do Libro que ten o maior mérito de ser concedido polos propios libreiros. Non son premios que caigan en saco roto. Máis da metade da poboación do Concello é socia dunha biblioteca… Non sei onde buscar unha referencia para semellante record. Pois o edificio da Rialeda, obra do arquitecto Rafael González Villar, cumpre 100 anos. Fora este un proxecto para unha segunda residencia da familia Rialeda. Ten todas as cousas boas e non tan boas da arquitectura da primeira década do século XX… o que a convirte nunha xoia da arquitectura pre-moderna. Moi influenciada pola arquitectura vienesa e alemana da época. Foi tamén restaurante de alta cociña, no que se deron cita os máis importantes xerentes do goberno e a economía coruñesa do século XX… con todo o que iso quere dicir. Abandoada durante un tempo, foi rescatada polos alumnos da Escola de Arquitectura de A Coruña. Dirixidos por Henrique Seoane (o noso Arquitecto Municipal) redactaron un proxecto de rehabilitación para o edificio como biblioteca; respeitando, iso si, o espírito ‘secesión’ que o edificio pusuía. Abriu ás súas portas no ano 1998 (coido que foi no 98). Ben… pois para celebralo, organiza, como non; un montón de actividades que, ademáis, van ter público, porque Rialeda é así… unha Biblioteca diferente. Toda a vindiera semana dende o luns día 10 ó Venres 14; coa mesa redonda do Mércores 12 ás 20:00 como acto central, que contará coa presenza de Manolo Rivas e de Henrique Seoane; presentados polo Alcalde de Oleiros. Luns e martes e xoves e venres; contacontos a partir das 18:30 con Soledad Felloza como estrela o luns e o seu relato A Ventá Máxica para rapaces de… até 4 anos! Maxia pura… Podedes consultar o programa completo premendo aquí! A preciosidade de imaxe que empregamos e de SergioLousame na páxina i4PC: instagram para PC’s.

Participa en la conversación