OleirosTV...

«Quero unha casa quente con calefacción e unha habitación… Eu prefiro unha casiña porque un piso é moi pechado. Gústame saír para fora e ver xente» «Teño que sacar o graduado. Tamén me gustaría que a miña nai aprendera a ler» «Meu pai quere traballar pero está enfermo. Antes traballaba de mariscador pero agora xa non pode. Doelle a espalda e as pernas».
Entre os anos 50 e 60 as familias xitanas que percorrían os camiños en carros e cabalerías deixaron de viaxar e sedentarizáronse, obedecendo ás transformacións producidas na estrutura social e económica da sociedade española. Esta sedentarización deuse na meirande parte nas zonas urbanas na busca de alternativas económicas e laborais. Os asentamentos supuxeron a posta en marcha de algúns mecanismos, escasos, de cara á integración social, como puido ser a escolarización, pero tamén un debilitamento do colectivo e da súa cultura, isto provocou un desaxuste que aínda hoxe está sen resolver en moitos casos. Nos anos 60 , no caso de A Coruña, comezaron a implantarse algunhas medidas municipais de realoxo en zonas periféricas que deron nacemento a asentamentos de infravivendas que aínda perduran hoxe, como é o caso do Campanario en O Portiño. outras familias quedaron ao marxe deste planes e seguiron nos asentamentos de chabolas. Posteriormente, nos anos 80, co motivo da construción dunha grande superficie comercial, desmantelouse o asentamento de chabolas que existía na zona de A Cubela, orixinando a creación de 3 novos asentamentos de chabolas. Estes tres novos asentamentos son Penamoa, froito da intervención municipal de construción de barracóns provisionais, para aloxar ás familias de A Cubela; As Rañas, froito dunha iniciativa particular dunha familia xitana e mostra do seu desexo de normalización coa compra duns terreos no núcleo de Martinete-As Rañas; e A Pasaxe, onde se aloxaron xitanos convivindo con mercheros e portugueses nas naves abandonadas da “Conserveira Celta” e de “Jabones la Toja”. Todos estes casos perduran dende os anos 80 ata día de hoxe, apartados da sociedade e envoltos nun alto grao de vulnerabilidade e exclusión social.
galiciaconfidencial.com
O documental ‘Pedra papel’ fala de once pequenos do asentamento xitano da Ponte da Pasaxe (A Coruña) nun espazo alleo ó seu contorno. O Proxecto consistía na elaboración dunha “mini reportaxe”, onde o guión xurdiu de maneira espontánea e comunitaria, entre as conversas e os xogos que se crearos para o desenvolvemento do proxecto. Narra a maxia da infancia, e as ilusións por mellorar a vida, que sempre están presentes nas conversas das nenas e nenos que viven en Ponte Pasaxe. O proxecto consistíu na elaboración dunha “mini reportaxe”, onde o guión saíu de xeito natural e comunitario, entre as conversas e xogos que se deseñaron para o desenvolvemento das xornadas. Produto destes encontros logrouse coñecer as motivacións, os soños, as inquedanzas e as manifestacións que os máis pequenos de A pasaxe teñen ante a vida. Moitos xamais viron nin visitaron unha vivenda diferente a unha chabola, nin sequera se fan a idea de cómo sería unha mellora na súa vida que os igualara en dereitos e condicións ao resto de nenos e nenas da cidade. A Pasaxe, un asentamento chabolista A día de hoxe, o asentamento da Pasaxe está formado por 12 familias xitanas galegas e entre 30 e 40 familias de orixe portuguesa. Todas elas viven en condicións extremas.

1 Comentario

  1. Bitacoras.com

Participa en la conversación